páxina de inicio de Instalaciones Tasende

Aspiración centralizada

Acade o máximo confort e comodidade na súa vivenda coa aspiración centralizada. Tasende ofrécelles a posibilidade de contar cun moderno equipo de aspiración que lle permitirá manter o seu fogar limpo evitando problemas coma os ácaros e os problemas que ocasiona o po aos alérxicos.

A aspiración centralizada evita ter que carrexar un ruidoso aparello por toda a casa. Un sistema canalizado pola vivenda permite efectuar a limpeza das estancias do fogar simplemente conectando a mangueira flexible coa súa boquilla á toma de aspiración que hai nas paredes da casa, semellante en tamaño e aspecto aos interruptores da luz. A maquinaria e o depósito do lixo non están á vista e tanto o seu vaciado coma o seu mantemento é do máis sinxelo. Todo son vantaxes: evitará cargar co peso dun aspirador tradicional, os roces no parqué ou nas paredes, un sistema silencioso, coa potencia precisa e cunha eficacia que lle suporá empregar a metade de tempo na tarefa de aspirado do fogar. Por outra banda, ao tratarse dunha instalación integrada, a súa vivenda gaña un valor engadido.

 
páxina de inicio de Instalaciones Tasende

Aptdo. Correos 74 - Fomento 55 - Carballo 15100 (A Coruña) · Teléfono: 981 701 463 · Fax: 981 701 811 ·
E-mail: info@instalacionestasende.com