páxina de inicio de Instalaciones Tasende

Piscinas

Gozar dunha piscina é un luxo ao seu alcance. Ofrecémoslle un asesoramento profesional no que analizamos as súas necesidades e estudamos as mellores opcións para instalar unha piscina no seu chalé ou vivenda, tanto nunha instalación climatizada como ao aire libre. A nosa experiencia contempla traballos para instalacións deportivas públicas, ofrecendo respostas eficaces ás necesidades de piscinas municipais e colectivas.

Tamén temos capacidade contrastada na implantación de sistemas de climatización de piscinas aproveitando as enerxías renovables para favorecer un importante aforro enerxético e contribuír a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Tanto os sistemas de depuración, control e accesorios da súa piscina estarán en mans de profesionais comprometidos coa calidade e que coidan cada detalle para garantir a súa satisfacción.

 
páxina de inicio de Instalaciones Tasende

Aptdo. Correos 74 - Fomento 55 - Carballo 15100 (A Coruña) · Teléfono: 981 701 463 · Fax: 981 701 811 ·
E-mail: info@instalacionestasende.com